Asasinato de Carrero Blanco

Asasinato de Carrero Blanco
LugarMadrid
Coordenadas40°26′03″N 3°41′08″O / 40.43427, -3.6855Coordenadas: 40°26′03″N 3°41′08″O / 40.43427, -3.6855
Data20 de decembro de 1973
09:27
Arma(s)Cargas explosivas
Mortos3
Perpetrador(es)ETA
editar datos en Wikidata ]

O asasinato de Carrero Blanco, tamén coñecido polo nome en clave Operación Ogro, foi un atentado perpetrado pola organización terrorista Euskadi Ta Askatasuna (ETA) o xoves 20 de decembro de 1973 contra o almirante Luis Carrero Blanco, presidente do Goberno español durante a ditadura franquista. O asasinato provocou un fondo impacto na sociedade española da época, xa que supuxo o maior ataque contra o réxime franquista desde o final da Guerra Civil en 1939.

A desaparición de Carrero Blanco tivo numerosas implicacións políticas. Nese momento facíase evidente a decadencia física do ditador e, con iso, o agravamento da descomposición do aparello franquista que se viña manifestando nos últimos anos. Os sectores máis inmobilistas do franquismo, o denominado «búnker», saíron reforzados deste suceso e lograron influír para que Franco nomease sucesor a un membro da liña dura, Carlos Arias Navarro. Pola súa banda, con este atentado ETA deu un salto cualitativo nas súas accións armadas e converteuse nun dos principais actores da oposición ao franquismo.

Malia que as autoridades iniciaron unha investigación para aclarar os feitos, o caso quedou arquivado ao comezo da Transición. Os autores do atentado tampouco chegaron a ser xulgados por estes feitos porque se beneficiaron da lei de amnistía de 1977 tras a morte do ditador.[1]

  1. R. Aizpeolea, Luis (17 de decembro de 2023). "El asesinato de Carrero: ni lleno de enigmas ni tan trascendental". El País (en castelán) (Donostia). Consultado o 27 de abril de 2024. Cincuenta anos despois, ante aquel espectacular resultado do atentado terrorista, segue habendo teorías conspirativas que a historiografía académica e a análise das fontes documentais rexeitan. Coa perspectiva do tempo, porén, os historiadores formúlanse máis interrogantes: A desaparición de Carrero afectou o futuro de España? En que medida influíu na política vasca? Condicionou a oposición antifranquista? Cal é a memoria do denominado delfín do franquismo? E chegan a unha conclusión: o asasinato de Carrero non supuxo nin o fin do franquismo nin o comezo da Transición. 

© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search